Servizos
profesionais
en permacultura

Alexandre Grande Permacultura é unha iniciativa profesional a través da que ofrezo servizos de deseño, consultoría, formación e xestión, para persoas e entidades que queiran desenvolver proxectos enfocados na permacultura e a sustentabilidade.

ecoloxía aplicada

Aplico e comparto a permacultura como unha das mellores ferramentas que temos ao noso alcance para establecer iniciativas e modelos de vida máis sostibles, especializándome en deseños integrais de permacultura e xestión dos espazos naturais, solucións hídricas, espazos educativos e proxectos formativos.

deseño
rexenerativo

Desenvolvo o meu traballo no ámbito doméstico, institucional, educativo e empresarial, facilitando aos meus clientes ferramentas  e estratexias que lles permitan levar a cabo os seus propios proxectos desde unha perspectiva de rexeneración eco-social.

PERMACULTURA

A permacultura como método

Fontes

Baseada nun profundo estudo dos ciclos, patróns e sistemas presentes na natureza, nútrese de campos como a bioloxía, agronomía, ciencias sociais e ambientais, enxeñerías ou arquitectura entre moitos outros, así como numerosas fontes de sabedoría ancestral.

evolución

Creada inicialmente como unha ciencia enfocada no deseño agroecolóxico, a permacultura evolucionou ao longo de décadas como un completo método de deseño holístico, representando na actualidade un conxunto inesgotable de estratexias e recursos que nos permiten crear hábitats sostibles a todos os niveis.

filosofía de vida

Na práctica converteuse para moitas persoas nunha autentica filosofía de vida, así como un movemento rexenerativo a nivel global que quere participar de forma activa e creativa fronte á crise eco-social que estamos a vivir.

deseño integral

En permacultura deseñamos atendendo ao manexo reXenerativo dos espazos naturais e produtivos, a unha xestión máis eficiente das enerxías e tecnoloxías, ao desenvolvemento dunha arquitectura máis respectuosa co medio e as persoas, o fomento dunha cultura máis consciente e pacífica, a responsabilidade cunha saúde integral, a creación de economías sociais e solidarias e o establecemento de relacións persoais e comunitarias máis saudables.

Así emerxen os sete pétaos ou ámbitos, nos que a permacultura proponnos deseñar, crear e co-habitar para xerar unha cultura verdadeiramente sustentable.

natureza

tecnoloxía

hábitat

cultura

saúde

economía

comunidade

SERVIZOS

Apoio para os teus proxectos

Achego as ferramentas da permacultura e o deseño rexenerativo a persoas, empresas e institucións que necesitan apoio profesional nas súas iniciativas de base sustentable.

Dende os meus inicios como deseñador en permacultura, a firma Alexandre Grande evolucionou ao longo de anos, para incluír formacións, publicacións e actividades relacionadas coa asesoría ou a xestión de proxectos educativos e de carácter público.

A principal motivación da miña actividade profesional é fomentar a comprensión e a aplicación da ética e os principios de deseño da permacultura, así como axudar a persoas e proxectos a alcanzar os seus obxectivos, sempre desde unha perspectiva do coidado da terra e das persoas.

deseño

O deseño é o corazón da permacultura.

Un bo deseño inicial aforraranos tempo, traballo e diñeiro durante toda a vida.

Realizo deseños integrais que abarquen hábitat, tecnoloxía e paisaxe.

Deseño para xardíns, leiras e outros espazos naturais e produtivos.

Deseño de ecoaldeas, ecobarrios, espazos educativos e demostrativos baseados na permacultura.

Deseño hídrico para estanques, biopiscinas e sistemas de fitodepuración de augas grises e negras.

Implementación

Axúdote a materializar os teus proxectos.

Realizo implementacións para espazos naturais e produtivos, como sistemas de horticultura, xardíns e bosques comestibles, xardíns de plantas medicinais e aromáticas, sistemas de compostaxe, invernadoiros ou xestión da auga sobre o terreo.

Implementación e transformación de espazos públicos educativos e demostrativos en permacultura.

Creación de estanques, biopiscinas e sistemas de fitodepuración.

formación

Difusión de coñecemento e boas prácticas.

Un amplo percorrido no ámbito da formación permíteme adaptarme ás necesidades específicas de aprendizaxe de grupos, persoas e proxectos que desexen adquirir coñecementos e habilidades prácticas esenciais para crear un mundo máis sustentable.

Ofrezo servizos de formación e difusión coma charlas, cursos e formacións técnicas enfocadas en diversos campos da permacultura.

asesoría

Atopa o apoio que precisas pra consolidar as túas ideas.

Se queres desenvolver ou xa estás a desenvolver o teu propio proxecto familiar, comunitario ou profesional, a miña visión integral e coñecemento sobre os recursos e ferramentas sostibles á nosa disposición pode ser unha gran axuda para saber cales deben ser os teus seguintes pasos.

Ofrezo asesoría online e presencial.

Plans de acompañamento para proxectos.

Visitas de reconoñecemento e evaluación de posibilidades.

xestión

Axuda profesional para organización e xestión de proxectos.

Anos de experiencia como coordinador de diferentes proxectos de permacultura a nivel nacional e internacional permítenme ofrecer servizos de deseño de contido e organización de programas educativos, creación de redes, loxística e difusión para formacións e eventos, así como xestión de campo para proxectos de ecoloxía e permacultura públicos ou privados.

dron

Amplía a túa perspectiva dende o aire.

A observación é un elemento clave no deseño permacultural.

Ter a posibilidade de realizar vistas aéreas sobre un territorio e a súa contorna converteuse nunha poderosa ferramenta para a realización de deseños a mediana e gran escala.

Outras funcións esenciais das tomas aéreas son rexistrar impactantes imaxes sobre o antes e o despois de diferentes intervencións realizadas nos espazos, ou dispor de recursos visuais para dar cobertura e difusión á nosa actividade profesional.

Ofrezo voos de recoñecemento con captura e procesamento de vídeo e foto, así como proxectos audiovisuais para a cobertura de traballos, eventos e actividades.

ALIANZAS

Proxectos amigos

Desenvolvo gran parte da miña actividade profesional coa forte convicción de que a intelixencia colectiva e a diversidade de ideas que nacen do traballo colaborativo crean as mellores estratexias e resultados.

Baixo esta filosofía, traballo constantemente na creación dunha rede de apoio e alianzas que acompañe, nutra e apoie as miñas accións, axudándome a satisfacer as necesidades dos meus clientes.

Estes son algúns dos proxectos e profesionais nos que confío para mellorar e diversificar os meus servizos.