permacultura

Unha caixa de ferramentas
para deseñar un mundo mellor

Autor: Alexandre Grande Babarro
Editora: Catro Ventos

Quen pense que a permacultura ten que ver coa disposición dos cultivos ou coa bioconstrución, vai polo bo camiño, pero non atopará aquí o típico libro de permacultura, senón un libro que vai moito máis alá.

A súa esencia é nutrir e espallar a visión dunha permacultura integral e práctica que nos axudará a tomar consciencia dos retos actuais, a avaliar acertadamente as nosas posibilidades e a tecer redes.

Desde as experiencias persoais e unha traxectoria activa e activista, pero sobre todo desde a curiosidade cara a proxectos que apostan por outro mundo posible, Alexandre Grande Babarro preséntanos nesta obra unha visión global da permacultura que aborda historia, trazos característicos, ferramentas de deseño e recursos para un mundo mellor.

Completa ademais a súa achega coa presentación de proxectos asentados en Galicia que nos propoñen respostas reais e viables ante as crises ecolóxicas e sistémica mundiais.

Esta é a primeira obra de permacultura publicada en galego e tivo unha acollida excelente polo público, con catro reimpresións e unha segunda reedición actualizada en 2023.

Se queres facerte co teu exemplar pica aquí e poderás acceder a esta obra e outras publicacións da editorial Catro Ventos.

permacultura no reque

Un proxecto audiovisual para a difusión da permacultura

O proxecto audiovisual Permacultura non Reque é unha iniciativa de carácter documental e divulgativa impulsada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que nace co fin de promover coñecementos e boas prácticas en diferentes ámbitos da permacultura e a sustentabilidade.

O contido que se pretende crear e publicar a través deste proxecto está enfocado principalmente en achegar á cidadanía múltiples ferramentas e experiencias que inspiren, fomenten e capaciten o desenvolvemento de modelos de vida máis sostibles, a nivel ecolóxico, económico e social.
Así como promover valores baseados no ben común, a autosuficiencia e a responsabilidade ambiental.

Este é un proxecto que dirixo, presento e edito, da man de Rial-X FPV. Gran compañeiro de traballo e excelente profesional do audiovisual co que percorremos inspiradores proxectos en Galicia e cubrimos parte das formacións que se ofrecen no Espazo Permacultural Lugar de Reque, co obxectivo de brindarvos o mellor contido sobre a vangarda permacultural galega.

Se queres acceder ao contido da canle podes picar directamente sobre a xanela de cada vídeo.