Alexandre Grande Babarro

Desenvolvo durante máis de 10 anos unha intensa e comprometida experiencia práctica aplicando a permacultura en diversas biorexións de Chile, Arxentina, Bolivia, Colombia, Italia, Illas do Caribe, Marrocos, Portugal e España.

Convivo e colaboro nestes lugares con proxectos de ecoloxía, permacultura, ecoescolas, ecoaldeas, vilas en transición e comunidades locais, aprendendo a usar as estratexias da permacultura en infinidade de climas, chans, ecosistemas e contextos socio-culturais.

Sumo a esta experiencia un constante proceso de formación en deseño de permacultura, deseño de ecoaldeas, aprendizaxe transformativo, metodoloxías de proxectos e outros campos da ecoloxía e o deseño eco-social, en institucións como o Instituto Chileno de Permacultura, Gaia Education, Instituto Ná Lu´um ou Gaia University.

Centro actualmente a miña actividade profesional na difusión, a formación, o deseño e a implementación para proxectos de permacultura en diferentes rexións do territorio español, traballando para particulares, empresas, institucións e centros educativos.

experiencias en permacultura

proxectos e formacións destacadas

2022/actualidade

  • DESEÑO E COORDINACIÓN XERAL DE ACTIVIDADES ESPAZO PERMACULTURAL LUGAR DE REQUE VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN DE LUGO

2021/2022

  • DIRECTOR E PRESENTADOR PROXECTO DOCUMENTAL ONLINE PERMACULTURA NO REQUE

2020

  • 2020 CERTIFICADO DE MESTRÍA EN COMPOSTAXE MITECO
    MINISTERIO DE TRANSICIÓN ECOLÓXICA

2019

  • AUTOR DA OBRA . PERMACULTURA UNHA CAIXA DE FERRAMENTAS PARA DESEÑAR UN MUNDO MELLOR EDITORIAL CATRO VENTOS

2018/2015

  • COORDINADOR XERAL INSTITUTO DE PERMACULTURA NA´LU´UM ÁREA DE EUROPA

2018/2014

  • COFUNDADOR COORDINADOR E FACILITADOR EN PROXECTO ECOLECTIVO

2017/2015

  • CURSO DIPLOMADO EN DESEÑO DE PERMACULTURA GAIA UNIVERSITY

2016/2015

  • COORDINADOR XERAL 1º DIPLOMADO DE PERMACULTURA COLOMBIA

2015

  • TÉCNICO PROFESIONAL XARDINERÍA ACUÁTICA, BIOPISCINAS E FITODEPURACIÓN FUNDACIÓN SALES

2014

  • CERTIFICADO NIVEL 1 METODOLOXÍA DE PROXECTOS DRAGON DREAMING CHILE

2014

  • CERTIFICADO EN DESEÑO DE ECOALDEAS GAIA EDUCATION INTERNACIONAL

2014

  • CERTIFICADO EN DESEÑO DE PERMACULTURA INSTITUTO CHILENO DE PERMACULTURA ECOESCOLA EL MANZANO

2014/2013

  • RESIDENCIAS E COLABORACIÓNS EN DIFERENTES PROXECTOS DE PERMACULTURA, ECOALDEAS E COMUNIDADES ARGENTINA, CHILE, PERU E BOLIVIA

2013/2011

  • PRIMEIRAS EXPERIENCIAS DE CAMPO CON PERMACULTURA A NIVEL LOCAL